Condicións de uso



INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

Responsable do tratamento Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da que depende o Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Universidade Laboral
Finalidades do tratamento

Promoción dun lugar de encontro virtual e gratuíto entre candidatos, candidatas, e empresas rexistradas empregando os servizos de alertas e busca de emprego, permitindo:

- Ás empresas rexistradas publicar ofertas de emprego e xestionar candidaturas.

- Aos candidatos e candidatas rexistrados editar e xestionar o seu Curriculum Vitae, acceder a ofertas de emprego publicadas e postular as súas candidaturas ás mesmas.

- Publicidade do perfil e currículum dos candidatos e candidatas nas buscas das empresas contratantes. Os datos de perfil e currículum vitae (CV) proporcionados polos usuarios poden ser utilizados co propósito de ser incluídos nas buscas realizadas por empresas e empregadores na plataforma. Esta funcionalidade ten como obxectivo facilitar a conexión entre candidatos e empregadores, permitindo que as empresas atopen perfís que se axusten ás súas necesidades de contratación. Recoñecemos a importancia da privacidade dos nosos usuarios. Polo tanto, ofrecemos opcións de configuración que permiten aos candidatos axustar a visibilidade da súa información nas buscas de empresas. Os usuarios terán a capacidade de personalizar as súas preferencias de privacidade para determinar quen pode acceder aos seus datos de perfil e CV.

Comunicacións

Os usuarios da aplicación poderán recibir as seguimentes comunicacións por correo electrónico:

- As empresas recibirán por correo electrónico notificacións de solicitudes para as ofertas presentadas.

- Os candidatos e as candidatas que o indiquen de maneira explícita recibirán por correo electrónico notificacións das novas ofertas.

Lexitimación para o tratamento Os usuarios que envían os datos dos correspondentes formularios da Plataforma, manifestan ter lido e aceptado a Política de Protección de Datos. Do mesmo xeito, dan o seu consentimento expreso e inequívoco para o tratamento dos seus datos persoais conforme ás finalidades informadas.
Destinatarios dos datos Empresas e candidatos rexistrados están obrigados a respectar as leis aplicables e os dereitos de terceiros a empregar os servizos e contidos do sitio web. Non se poderá difundir, reproducir ou comunicar públicamente os contidos da Plataforma, de usuarios ou terceiros, sen ter autorización previa do titular dos dereitos.
Exercicio de dereitos Os usuarios dispoñen de dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ao tratamento dos seus datos, o que poderá exercer o titular do rexistro de xeito inequívoco e fidedigno.
Prazo de conservación dos datos Os datos conservaranse mentres así o estime o centro educativo con obxecto de prestar o servizo ou o usuario solicite a súa supresión ou cancelación.
Contacto delegado de protección de datos e información adicional
Máis información

Nota: Cada certo tempo poden actualizarse estas condicións debido a adaptacións á lexislación vixente, polo que se recomenda que se revise este documento periodicamente. Todos os cambios realizados publicaranse nesta páxina web. Se os cambios son substanciais proporcionarase un aviso máis formal por correo electrónico.